¡Benvidos!
¡Benvidos á páxina web do XVI TORNEO INTERMUNICIPAL DE FUTBOL SALA Outes2013!
Como ven sendo habitual dende fai 16 anos, a finais do mes de maio, celébrase o Torneo Intermunicipal de Futbol Sala. Torneo que premia ós campións das ligas locais dos Concellos participantes.
Como concello organizador, Outes, pon á disposición da organización os medios humanos e materiais para que a celebración do evento sexa todo un éxito.
O Torneo terá lugar no Pavillón Municipal dos Deportes do Conchido, situado na rúa do mesmo nome, en pleno centro da Serra de Outes.
Os encontros terán lugar durante todo o Sábado e a mañá do Domingo. Todo un espectáculo para os aficionados ó futbol sala.
Os Concellos participantes nesta x edición do Torneo Intermunicipal de futbol sala serán:
- CONCELLO DE ARZÚA
- CONCELLO DE FRADES
- CONCELLO DE LOUSAME
- CONCELLO DE SANTA COMBA
- CONCELLO DE TEO
- CONCELLO DE TOQUES
- CONCELLO DE TORDOIA
- CONCELLO DE TOURO
- CONCELLO DE VEDRA
- CONCELLO DE OUTES
- CONCELLO DE BOQUEIXÓN
- CONCELLO DE MELIDE
- CONCELLO DE OROSO
- CONCELLO DE PADRÓN
- CONCELLO DE VAL DO DUBRA
Os técnicos de Deportes dos Concellos participantes, organizadores do evento, desexan de que o Torneo sexa, de novo, unha festa na cal disfrutar do deporte, xornada de convivencia de deportistas e unha fin de semana de esparcemento para o disfrute no Concello de Outes.
DEPORTE É SAUDE -- DISFRÚTAO
XOGA LIMPO
SON DUAS MENSAXES DOS TEUS TÉCNICOS DE DEPORTES